Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía busca catro mozos por esnaquizar unha réplica do avión de Loriga en Lalín

A policía busca catro mozos por esnaquizar unha réplica do avión de Loriga en Lalín

A réplica do avión era parte das Aldeas de Nadal, unha atracción para que os máis pequenos fixesen fotos

A réplica do avión de Joaquín Loriga estaba no centro da vila ao caron do seu monumento
G24.gal 07/12/2021 12:40

Sorpresa e enfado en Lalín por un acto vandálico que deixou os nenos e nenas da vila sen un dos seus elementos favoritos da decoración de Nadal: a réplica do célebre avión de Loriga acabou no río feita anacos. A policía anda á busca de catro menores que, sospeita, foron os responsables.

A policía busca catro adolescentes por guindar ao río do paseo do Pontiñas a réplica da aeronave, á que xa lle romperan a hélice a véspera.

Formaba parte das Aldeas do Nadal, e era unha versión a escala para que os nenos se secaran fotos nel, en homenaxe ao heroe local, e primeiro aviador galego. Ao parecer hai varias testemuñas presenciais que poderían identificar os autores.

Na veciñanza lamentan que os obxectos de lecer para o Nadal tamén sexan o obxectivo das ganas de facer mal por diversión.

Unha veciña asegura que é unha pena porque era unha atracción para os nenos pequenos que lles gustaba moito, divertíanse igual que as Aldeas de Nadal, e non lle parece ben. Afirma que  é un acto vandálico sen sentido.

O avión foi esnaquizado a conciencia. Todas as pezas acabaron rotas, agás o corpo central, que presentaba tamén algúns danos. Un grao de desfeita que fai que probablemente non se poida reparar e sexa necesario facer un novo.

Este acto de vandalismo deixa aos nenos e nenas, que estes días gozaron subíndose ao avión imitando a Loriga e sacándose fotos, sen unha das súas pezas favoritas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar