Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía británica xa só ten un detido polo o acoitelamento múltiple nun tren

A Policía británica xa só ten un detido polo o acoitelamento múltiple nun tren

Trátase dun británico de 32 anos que supostamente atacou os pasaxeiros de forma aleatoria e sen móbiles ideolóxicos

O outro home que detiveran, de 35 anos, quedou libre ao se demostrar que non estaba implicado nos feitos

Dos dez feridos hai un que permanece en estado crítico, un empregado do tren que salvou vidas ao tratar de impedir o ataque

G24.gal 02/11/2025 20:56

A Policía soltou un dos homes que arrestara en relación co acoitelamento múltiple nun tren en Inglaterra, o de 35 anos, ao se demostrar que non estivera implicado no suceso. Arestora só hai un sospeitoso en custodia, un británico de 32 anos. 

Os investigadores entenden que atacou os pasaxeiros de forma aleatoria. Non atoparon motivacións ideolóxicas.

O ministro de Defensa xa anunciara que os informes preliminares suxerían que o ocorrido fora un incidente illado.

Dos dez feridos, nestes momentos hai un en estado crítico: un empregado do tren que tratou de impedir o ataque. A Policía cre que a súa actuación salvou moitas vidas.

Os feitos ocorreron nun tren rexional que ía de Doncaster a Londres. As testemuñas describen escenas de pánico e confusión.

Unha pasaxeira, que xa viña escoitando berros, viu un home sangrando e ao primeiro pensou que era unha broma de Halloween.

Otro di que, cando souberon que estaban acoitelando xente e emprenderon a fuxida, descubriu moitas cadeiras do convoi cheas de sangue.

A Policía recibiu 999 chamadas de alarma en oito minutos e o tren foi parado de urxencia en Huntingdon, a 120 quilómetros do seu destino, onde os, inicialmente, dous sospeitosos foron detidos deseguido e os feridos, atendidos e trasladados ao hospital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade