Cargando resultados...
A Policía identifica outro menor relacionado co acoitelamento dun mozo na Coruña
A vítima é un mozo de 18 anos que tivo que ingresar no hospital a causa das feridas pero xa recibiu a alta

G24.gal
09/02/2023 21:09
O segundo menor identificado é un rapaz de 13 anos.
Lembramos que o luns xa se entregara nesta comisaría de Lonzas outro menor, de 14 anos, ao que se lle atribúe, presuntamente, a agresión.
Para el o Xulgado de Menores da Coruña decretou o martes o internamento provisional nun centro, tal e como solicitara a Fiscalía de Menores.
A vítima é un mozo de 18 anos que tivo que ingresar no hospital a causa das feridas pero xa recibiu a alta.
O enfrontamento entre un grupo de mozos e outros que estaban a xogar nunhas pistas de baloncesto ocorreu moi preto da céntrica praza de San Paulo da Coruña.