Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía busca o autor dunha decena de roubos en coches aparcados en garaxes de Ribeira

A policía busca o autor dunha decena de roubos en coches aparcados en garaxes de Ribeira

O ladrón aproveita o momento de entrada ou saída dos vehículos para coarse no garaxe

G24.gal 12/07/2023 13:57

No coche de Araceli aínda se ven as pegadas do roubo. É unha das últimas vítimas da vaga de asaltos en garaxes privados de varios edificios de Ribeira. Ela soubo do suceso a través dunha mensaxe do presidente da comunidade de veciños, que avisaba do roubo aos propietarios.

"Pola tarde fun e vin que fora o meu. Revolvéronme todo e leváronme unhas moedas", di Araceli Rebolo, unha das vítimas dos roubos.


Pensan que o ladrón aproveita o momento de entrada ou saída dos vehículos para coarse no garaxe. Cando comproba que está só, rompe os cristais e leva os cartos que atope ou os obxectos que poida vender logo.  No caso de Araceli, no coche non había nada de valor que puidera verse desde fóra.

"Non tiña nada á vista. O meu coche está nunha esquina e posiblemente foi o que lle permitiu a eles facelo con máis tranquilidade, leváronme soamente iso e estragaron a ventá do coche".


Araceli presentou unha denuncia polo roubo e está pendente do arranxo dos danos no coche.  O ladrón levou pouca cousa, pero segue sen poder utilizar o vehículo. Mentres espera pola reparación, intenta recuperarse do susto.

"A verdade é que me sentín moi mal porque é unha impotencia ter o coche metido no garaxe e que pase iso".

A Policía busca o autor destes asaltos en Ribeira. Ademais da zona do Touro, hai outras afectadas pola vaga de roubos. Entre elas, o barrio de Abesadas ou o paseo das Carolinas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade