Publicador de contidos

Publicador de contidos

A poboación migrante pode pedir a regularización en persoa a partir do luns

A poboación migrante pode pedir a regularización en persoa a partir do luns

Para facer o trámite presencial hai que solicitar cita previa nunha das 400 oficinas habilitadas

A Unidade de Tramitación de Expedientes de Estranxeiría, con sede en Vigo, xestionará todas as peticións

Xente facendo cola no padrón municipal de Valencia. EFE/Biel Aliño Xente facendo cola no padrón municipal de Valencia. EFE/Biel Aliño
G24.gal 19/04/2026 17:59 Última actualización 19/04/2026 18:59

Este luns empeza o prazo para solicitar de forma presencial a regularización extraordinaria de migrantes para todos aqueles que previamente solicitasen cita nunha das máis de 400 oficinas dispoñibles para iniciar os trámites.

O proceso comezou o pasado xoves, 16 de abril, pero só para as peticións telemáticas. O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións recibiu nas primeiras 24 horas 13.500 solicitudes e a reserva de 19.633 citas para facer as peticións de xeito presencial.

Para completar este trámite habilitáronse 30 oficinas da Seguridade Social (luns a venres de 16:00 a 19:00 horas) e 371 oficinas de Correos en capitais de provincia ou cidades de máis de 50.000 habitantes (luns a venres de 8:30 a 17:30 horas).

Ademais, pódese facer o trámite en cinco oficinas de Estranxeiría de Madrid, Alacante, Valencia, Almería e Murcia (en horario de 16:00 a 19:00 horas).

Un home no consulado honorario do Perú en Vigo Un home no consulado honorario do Perú en Vigo

Requisitos

A regularización está dirixida a persoas que están en España desde antes do pasado 1 de xaneiro e para solicitantes de asilo que fixeron a súa petición en datas previas, sempre e cando leven cinco meses seguidos no país cando fagan a solicitude e non teñan antecedentes penais.

Deberán achegar todos aqueles documentos que demostren o tempo de estadía en España, o certificado de antecedentes penais, a propia solicitude e -só nalgúns casos- un informe de vulnerabilidade certificado por unha ONG acreditada como colaboradora en materia de estranxeiría.

Para demostrar o tempo que a persoa leva en España poderase recorrer ao padrón municipal pero tamén a outro tipo de medios como un informe médico, un contrato de luz ou alugueiro ou un certificado de envío de diñeiro.

Interior do concello de Zaragoza. EFE/Javier Cebollada Interior do concello de Zaragoza. EFE/Javier Cebollada

Tramitación dende Vigo

O persoal da Unidade de Tramitación de Expedientes de Estranxeiría (UTEX), dependente do ministerio e con sede en Vigo, tramitará todas as solicitudes polo que o Executivo previu un plan de reforzo extraordinario con máis de 600 persoas.

Os beneficiarios obterán unha autorización para residir e traballar en España durante un ano e, despois deste período, poderán dar o paso a outro permiso máis estable dos contemplados no regulamento de estranxeiría ou, se non cumpren os requisitos, solicitar unha prórroga por un ano máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade