Cargando resultados...
A plataforma da ría de Arousa presenta unha ILP para pedir unha rexeneración dos bancos marisqueiros
A plataforma da ría de Arousa presenta unha ILP para pedir unha rexeneración dos bancos marisqueiros
Esixen medidas no Parlamento contra o declive que, segundo din, está a sufrir o sector marisqueiro da zona

G24.gal
07/07/2023 13:12
A Plataforma en Defensa da Ría da Arousa presentou no Parlamento galego unha iniciativa lexislativa popular para esixir medidas contra o declive que, segundo din, está a sufrir o sector marisqueiro da zona.
Consideran urxente un plan de rexeneración dos bancos e estudos que permitan frear a caída na produción. Aseguran que desde 2001 se perderon 1.000 permisos marisqueiros na ría da Arousa.