Publicador de contidos
Publicador de contidos

A planta de e-fuel de Curtis terá 200 millóns de euros de investimento inicial

A planta de e-fuel de Curtis terá 200 millóns de euros de investimento inicial

A factoría que producirá este combustible destinado principalmente á aviación espera crear 40 empregos directos

EFE 23/10/2023 16:14 Última actualización 23/10/2023 19:17

O proxecto da firma galega Greenalia xunto á alemá alemá P2-X Europe de construír no concello coruñés de Curtis unha planta para producir e-fuel como combustible destinado principalmente a aviación, terá un investimento inicial duns 200 millóns de euros.

Así o indicaron os seus promotores este luns coincidindo coa visita á zona da conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, quen indicou que a iniciativa "posiciona Galicia nun contexto europeo, non só no uso das enerxías renovables senón na utilización doutro tipo de enerxías e procesos industriais ao utilizar o hidróxeno verde e tamén CO2 na produción de e-fuel".

O proxecto, deseñado para xerar hidrocarburos sintéticos que sirvan de materia prima para convertelos en combustibles non fósiles está destinado "esencialmente á aviación e ao desenvolvemento de ceras de alto valor para a industria química", segundo explicaron os seus promotores na presentación da iniciativa en maio pasado, e precisaron agora que esperan xerar 40 empregos directos.

As instalacións abasteceranse de hidróxeno producido a partir de fontes de enerxía renovables, eólica e solar, e de CO2 bioxénico obtido directamente da planta de biomasa de Greenalia en Curtis-Teixeiro.

Lorenzana opinou que ademais dos "obxectivos de descarbonización", é "fundamental achegar a industria a uns prezos enerxéticos competitivos", o que axudará a que as empresas instaladas en Galicia "queden" e tamén para "atraer novos investimentos empresariais".

Tanto para o desenvolvemento industrial de Galicia como para o proxecto de Greenalia e P2-X é determinante, segundo a conselleira, a "actualización da planificación eléctrica".

Para este proxecto, de feito, será necesario ampliar a subestación da firma siderúrxica galega Sidegasa, con sede en Teixeiro, no o municipio de Curtis.

A Xunta pretende dar a "máxima celeridade aos trámites administrativos" co fin de que "os proxectos industriais declarados estratéxicos teñan garantido un prazo máximo de tramitación dun ano", dixo Lorenzana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade