Cargando resultados...
A pivote Claire Melia continúa no Baxi Ferrol
A irlandesa comunicouno a través dun vídeo en redes sociais

G24.gal
20/05/2025 12:22
Última actualización 20/05/2025 12:30
A pivote Claire Melia confirmou que continuará unha tempada máis no Baxi Ferrol, tras a súa primeira experiencia no club durante a campaña 2024/2025.
A xogadora irlandesa anunciouno a través dun breve vídeo publicado no perfil oficial do equipo en Instagram, no que mostrou o seu agradecemento polo ano vivido na cidade.
"Só quero enviar un vídeo rápido para mostrar o meu agradecemento pola pasada tempada en Ferrol. Grazas a todos polo apoio, dentro e fóra da pista. Foi un gran ano e unha gran primeira experiencia vivindo fóra de casa", explicou Melia.
Terminou a súa mensaxe confirmando a súa continuidade.
"Estou feliz de dicir que volverei a Ferrol a próxima tempada. Vémonos entón!"
— Baxi Ferrol (@UniFerrol) May 20, 2025