Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños da rúa Santa Lucía da Coruña levan case un ano cos accesos pechados

Os veciños da rúa Santa Lucía da Coruña levan case un ano cos accesos pechados

O concello sacou a licitación, polo trámite de urxencia, para a derruba do inmoble que obrigou a pechar a rúa

G24.gal 09/09/2022 13:54

Nada mudou na rúa Santa Lucía da Coruña desde que no pasado mes de outubro se desprenderon restos da fachada dun inmoble. Pasou case un ano, a rúa segue pechada e a paciencia de veciños e comerciantes, ao límite.

Pechouse a rúa por razóns de seguridade, para evitar riscos ante posibles novos desprendementos. Pero para os veciños a espera está a resultar excesiva e afecta, segundo contan, ao seu día a día.

Ante a falta de resposta dos seus propietarios, que acumulan ata seis expedientes abertos e máis de 16.000 euros en sancións, o Concello acaba de anunciar que de maneira subsidiaria vai acometer a derruba do inmoble.

A obra sae á licitación pola vía de urxencia e conta tamén coa autorización de Patrimonio, pero algúns aínda teñen dúbidas.

En abril houbo unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar a urxente reapertura da vía e agora confían en non ter que repetila.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade