Publicador de contidos

Publicador de contidos

A personalidade da vítima centra a terceira xornada do xuízo contra dous presos acusados de asasinalo

A personalidade da vítima centra a terceira xornada do xuízo contra dous presos acusados de asasinalo

Este mércores foi a quenda dos excompañeiros de prisión, que non se amosaron sorprendidos polo tráxico suceso

Os dous acusados, na terceira sesión do xuízo
G24.gal 11/05/2022 14:45

A personalidade da vítima e os seus plans de futuro centraron a terceira sesión do xuízo. Os que foron os seus compañeiros de prisión no Pereiro de Aguiar, definiron a Fernando Iglesias Espiño como unha persoa sen habilidades sociais -tras máis de 20 anos encerrado por matar a súa muller e dous fillos-, incapaz de planificar a fuxida a Portugal que supostamente pretendían simular os acusados. Ademais, explica un dos seus amigos, acababan de concederlle a liberdade condicional.

"Cando unha persoa está 22 anos esperando a acabar unha condena e lle comunican que lle deron liberdade condicional, que a quebrante e marche non ten sentido", declarou unha testemuña durante o xuízo.

Tamén declarou un avogado que presta servizo voluntario na prisión. Definiu a Fernando como un preso rehabilitado e bondadoso, que pretendía facerse cargo da tutela dun irmán con discapacidade en canto saíse do cárcere.

"Foi un preso exemplar, boa persoa, cariñoso, atento... e moi desvalido e vulnerable no mundo penitenciario. Entrou como vitimario e saíu como vítima", dixo Cándido Soria Fortes, avogado voluntario na prisión do Pereiro.

Apuntaron tamén as testemuñas a un posible intento previo dos acusados de asasinar a Fernando no mes de xullo, golpeándoo cunha barra de ferro co pretexto de que o confundiron cun ladrón.

Os acusados, que negan os feitos, enfróntanse a penas de 22 e 23 anos por asasinato e estafa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade