Publicador de contidos

Publicador de contidos

A peregrinación da Asociación contra o Cancro, unha mostra da resistencia dos pacientes

A peregrinación da Asociación contra o Cancro, unha mostra da resistencia dos pacientes

Más de 200 persoas, enfermos, familiares e voluntarios, percorreron a última etapa do Camiño Inglés 

Familiares que perderon os seus a consecuencia do cancro fixeron o Camiño na súa memoria

G24.gal 28/04/2024 15:01 Última actualización 28/04/2024 16:10

A Asociación Española contra o Cancro rematou este domingo a súa peregrinación polo Camiño Inglés cara a Santiago. Máis de duascentas persoas, enfermos, familiares e voluntarios percorreron as distintas etapas desta ruta como mostra de resistencia contra a enfermidade ou contra a perda dos seus.

A de hoxe foi a etapa da fin do camiño, esa que agardan esperanzados os enfermos que levan anos ou só uns meses percorrendo desde o día que recibiron un diagnóstico de cancro. A chegada foi un recoñecemento ao esforzo físico e mental que supón enfrontarse á enfermidade para uns peregrinos que comparten mellor ca ninguén o lema do Camiño: Ultreia: sigue adiante!

"Hai máis de 200 persoas, pero non son 200 persoas, son unha máis unha, máis unha historias de loita, historias de superación, de ganas de vivir e compartir", describía Manuel Aguilar, presidente da Xunta Provincial da Coruña da AECC

"Isto ten importantes implicacións para a calidade de vida dos pacientes. Que haxa xente que polo simple feito de axudar se implique neste tipo de iniciativas paréceme marabilloso", valorou o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño.

Nesta peregrinación estiveron tamén os que faltan, como relatou Eva Monteagudo, que lembrou a súa sobriña falecida dun tumor cerebral.

"A miña sobriña morreu o 29 de novembro de 2022 dun tumor cerebral, en tres meses. Isto é unha maneira de vencer a morte. Levo a súa roupa e é como se ela fixera o Camiño, como se vivise. O cancro levou a súa presenza e o seu corpo pero ela está aquí con nós. Está coa súa nai e coa súa irmá. Nerea non morreu, está viva porque o cancro levou o corpo pero a alma está con nós e Nerea ten a compostela comigo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade