A Pedra de Abalar vólvese mover once anos despois da súa última gran rotura
Este fenómeno chega xusto antes da celebración da festa da Barca, que terá lugar este venres en Muxía
Muxía recupera un dous seus grandes símbolos. A mítica Pedra de Abalar, situada xunto ao santuario da Virxe da Barca, volveuse a mover despois de once anos inmóbil.
A rocha, que quedou fendida no 2014 a causa dun forte temporal, permanecía desde aquela sen oscilar, a pesar da súa fama secular de pedra que se move sen desprazarse do cerco.
A sorpresa chegou coincidindo coas novenas da Virxe da Barca. Un vídeo gravado a semana pasada amosa como a pedra, sen intervención algunha, volve abalar coma antes, recuperando así a súa función e simbolismo.
Segundo a tradición, este xacemento natural é un emblema do patrimonio galego e forma parte da Costa da Morte.
A última vez que se vira moverse fora pouco despois do incendio que destruíu o santuario mariño no ano 2014. Este fenómeno chega xusto antes da celebración da festa da Barca, que terá lugar este venres en Muxía, nunha semana marcada pola presenza constante de devotos e visitantes.
Agora, veciños e peregrinos poden volver desfrutar dunha das iconas máis queridas de Galicia: a Pedra de Abalar que, once anos despois, recupera o seu misterio e maxia.