Vigo foi a primeira gran praza recuperada tras a ocupación napoleónica
Un ano despois de botar os franceses recibiu o título oficial de cidade
No comezo de século XIX as tropas francesas campaban por Europa. O todopoderoso exército imperial napoleónico, 2.000 soldados, toma a vila de Vigo, que aínda non tiña o estatus de cidade. De fins de xaneiro ao 27 de marzo de 1809. Dous meses nos que a revolta popular vai tomando forma.
"A xente das parroquias dese Vigo rural, ese Vigo que combina o urbano co rural, vaise unindo e montan unha rebelión, un campamento, un cerco, e rematan botando e vencendo os franceses. É a primeira praza importante de de Europa que foi recuperada despois de ser ocupadda por tropas de Napoleón. E on pensemos que as tropas napoleónicas en 1809 traían esas ideas da Ilustración, as ideas da Revolución Francesa da liberdade e da igualdade. Era un exército en guerra, un exército da ocupación. E as guerras non adoitan ser xustas nin traen ideas moi boas. O que traen é morte e destrución", asegura Eduardo Rolland, xornalista e escritor.
Ao mando do exército francés estaba o comandante Antoine Chalot, nomeado gobernador en febreriro de 1809. No lado dos heroes galegos Bernardo González del Valle, coñecido como Cachamuíña, o nome da súa aldea ourensá de Pereiro de Aguiar.
"Os líderes foron Antoine Chalot, un comandadnte francés que ten unha historia alucinante porque participou na toma da Bastilla, na campaña de Exipto con Napoleón. Ten unha histroia fascinante. E na parte viguesa desde logo está Cachamuíña, ourensán. En Vigo os mellores vigueses son os de fora, porque somos unha cidade moi aberta. E despois o gran protagonista foi o pobo de Vigo".
A heroicidade e a afouteza da vila tivo un premio complementario. Un ano despois de botar os franceses, no 1810, Vigo recibiu o título oficial de cidade.