Publicador de contidos

Publicador de contidos

A patronal galega urxe a rebaixar a fiscalidade para non atrasar a recuperación

A patronal galega urxe a rebaixar a fiscalidade para non atrasar a recuperación

O presidente da Confederación empresarial galega defende a proposta da CEOE na negociación do Pacto de Rendas

Juan Manuel Vieites asegura que o tecido produtivo galego está "preocupado" ante a alza inflacionista

G24.gal 09/04/2022 10:15

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, avoga na Radio Galega por acometer cambios na fiscalidade ou do contrario agoira o atraso da recuperación económica. Nunha entrevista no Galicia por Diante fin de semana, Vieites cualifica como "fundamental" a fiscalidade. 

"A fiscalidade é un tema fundamental -o IRPF e outras medidas fiscais- ten que actuarse de maneira inmediata; é que realmente, con vistas ao futuro, se non se fai non o imos pasar ben. E, sobre todo, vaise atrasar de maneira clara e contundente o que é a recuperación económica". 

O presidente da patronal galega insiste na moderación salarial no actual contexto. Refírese, deste xeito, ao resultado da última reunión para negociar o denominado Pacto de Rendas entre sindicatos e empresarios en que a patronal ofrece unha suba do 8 % en tres anos, pero rexeita a indexación ao IPC como queren as centrais.

Vieites asegura que "hai que subir os salarios pero con moderación" xa que, na súa opinión, os salarios teñen que acomodarse á situación. 

"Penso que a proposta que fai a patronal, a CEOE, está en non perder o poder adquisitivo subxacente do IPC e con iso intentariamos buscar ese acomodo para que os traballadores no perdesen poder adquisitivo". 

Así mesmo, o presidente da CENG insiste en que "a prioridade é combater a inflación" e admite "preocupación" e "moitas incertezas" no tecido produtivo galego pola deriva dos prezos. 

Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar