A ocupación hoteleira en Santiago roza o 90 %
Melloráronse as previsions nun 20 % con respecto á semana pasada
O perfil do turista de Semana Santa é nacional e moi familiar
Malia os paraugas, os abrigos e a pedra mollada, o primeiro día da Semana Santa en Compostela non renuncia ás fotos dos turistas, visitantes e peregrinos. Chegou a auga, pero porén melloráronse as previsións de ocupación hoteleira. Cóntanos Sara Santos, Presidenta da Asociación Hostalería Compostela que desde a semana pasada melloráronse as previsións, estaban nun 70 % e agora xa están rondando o 90 % de ocupación.
Na rúa, por mor da choiva, nótase este luns o ambiente por momentos. Por exemplo, nunha Praza da Quintana case baleira que fuxiu do ballón, pero que volve animarse en función da intermitencia do tempo. Con turistas sobre todo nacionais, agás excepcións, e visitantes desde outras cidades galegas.
Pendentes do ceo polas posibles cancelacións de última hora, pero, unha vez na cidade, nunca foi a auga motivo para non desfrutar.
Cóntannos os turistas e visitantes que veñen pasar o día que contaban coa auga e que non lles afecta malia dar un pouco de preguiza. Todos coinciden en que Santiago é igual de bonito.
Auga que non sorprende e que marca nesta Semana Santa o inicio da temporada alta en Compostela.