Publicador de contidos
Publicador de contidos

A nova ABAU xera dúbidas e incertezas entre profesores e estudantes

A nova ABAU xera dúbidas e incertezas entre profesores e estudantes

Piden consenso e claridade para definir as novas probas

G24.gal 03/12/2022 14:32 Última actualización 03/12/2022 15:26

A selectividade pasou a chamarse PAU coa LOE e transformouse en ABAU coa LOMCE. Máis alá do cambio de nome, a última lei educativa tamén vai introducir novidades nas probas de acceso á universidade, novidades que provocan incertezas entre os futuros examinados.

Aos que cursan bacharelato a futura nova ABAU non lles quita o sono porque o modelo de exames actual vaise manter este curso e apenas se tocará no seguinte. Os cambios serán graduais e dirixiranse cara unha proba máis competencial e menos memorística.

"Senten medo. Pregúntanse se será máis doado, se será máis difícil, que terán que facer. Non teñen un exemplo, un espello no que mirar porque vai ser algo novo", explica Juan Bouzas, director dunha academia na Coruña.

A nova ABAU aínda precisa concreción e consenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade