Publicador de contidos

Publicador de contidos

A neve volve ao interior de Galicia

A neve volve ao interior de Galicia

As nevaradas poden complicar o tráfico rodado 

A previsión indica tempo inestable e frío nos próximos días

Nevarada en Chandrexa de Queixa (OUR)
G24.gal 04/01/2022 17:41

O paso dunha fronte fría moi activa e a baixa de temperaturas trouxo de novo a neve a Galicia neste comezo de ano.

A primeiras horas do día comezou a nevar arredor dos 1.300 metros de altitude e conforme avanzou a xornada a cota foi baixando ata situarse agora nos 900 metros.

Na provincia de Lugo as temperaturas máis baixas rexistráronse nos Ancares, con 1,3 graos baixo cero, mentres que en Cabeza de Manzaneda, na provincia de Ourense, acadaron os -2.

As imaxes de Chandrexa de Queixa ou O Cebreiro dan boa mostra da neve caída este martes. O manto branco está a cubrir as zonas altas do interior galego e pode chegar a complicar a circulación rodada.

Pero a fronte que sae agora polo leste da comunidade e que atravesou Galicia, deixou chuvia intensa en practicamente todo o territorio, con especial continuidade na fachada atlántica.

Os días pasados de tempo solleiro e temperaturas inusualmente altas quedaron atrás.

Publicidade
Publicidade
Publicidade