Publicador de contidos

Publicador de contidos

A neve volve á montaña luguesa

A neve volve á montaña luguesa

Callou por riba dos 1.100 metros de altitude.

A temperatura mínima rexistrouse nos Ancares con -2 graos.

G24.gal 02/12/2021 14:30

O Cebreiro amenceu tinguido de branco sorprendendo mesmo os veciños da zona que non contaban de súpeto cun manto de neve duns dez centímetros de espesor.

A neve pillou en plena camiñada os peregrinos do Camiño Francés que malia a incomodidade e o frío din que compensa o fermoso da paisaxe.

Ata O Cebreiro tamén chegan numerosos visitantes que estaba pendentes de que callara para ver a neve, pisala e fotografala.

E mesmo hai pais que saltaron a axenda escolar dos máis pequenos para gozar da neve e xogar con ela.

Pero pese ao fermoso da paisaxe tamén xera certas complicacións para os veciños e para os que traballan na zona. O intenso traballo das quitaneves a nevarada non efectou a rede principal de estrada, pero cómpre ter precaución nas vías secundarias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade