Publicador de contidos
Publicador de contidos

A neve dificulta a circulación en estradas da alta montaña de Lugo e Ourense

A neve dificulta a circulación en estradas da alta montaña de Lugo e Ourense

 A cota de neve sitúase este sábado por riba dos 800 metros

O municipio lugués de Baleira amenceu cuberto por un manto branco
G24.gal 25/02/2023 12:17 Última actualización 25/02/2023 14:39

As nevaradas caídas nas últimas horas complican a circulación en varias estradas das provincias de Lugo e Ourense.

Na A-52, á altura de Riós e Allariz, a presenza de neve na calzada obriga os condutores a circular con precaución.

A Dirección Xeral de Tráfico ten activado un aviso na alta montaña de Ourense e tamén na autovía A-8 no alto do Fiouco, entre os municipios lugueses de Mondoñedo e Abadín.

As máquinas quitaneves traballan en varios puntos da provincia de Ourense. En concreto nas estradas OU-531, en Rairiz de Veiga e A Bola; na OU-540, en Verea e Bande; e na OU-536, en Maceda, Xunqueira de Espadanedo, Montederramo, Castro Caldelas, San Xoán de Río e Trives.

Durante esta xornada as temperaturas máis baixas rexistráronse na montaña ourensá. Na Veiga e Cabeza de Manzaneda o termómetro chegou a marcar de madrugada os 5 graos baixo cero.

As máquinas quitaneves tiveron que traballar en Bande, Verea ou Maceda
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade