Publicador de contidos

Publicador de contidos

A nécora galega xa está no mercado con prezos que fan dubidar aos compradores

A nécora galega xa está no mercado con prezos que fan dubidar aos compradores

O nordés e o mal tempo no mar están a influír nas capturas e na cotización

G24.gal 08/07/2022 13:51

Despois de medio ano desaparecida, a nécora de augas galegas xa está nos mercados. Dependendo do tamaño, oscila entre os 25 e os 60 euros o quilo.

Malia que din que van caras, hai consumidores que non se resisten. Do mercado ás casas e tamén aos restaurantes, malia que os hostaleiros din que teñen menos saída que as cigalas ou os percebes.

Polo momento, as capturas non son abondosas pero os vendedores din que a nécora que hai é de moi boa calidade.

A nécora chegou para quedar todo o verán e tamén no outono.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade