Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta investirá 23 millóns en recuperar bancos marisqueiros afectados polos temporais

A Xunta investirá 23 millóns en recuperar bancos marisqueiros afectados polos temporais

A maior partida será a destinada a convenios de colaboración coas confrarías e entidades xestoras dos distintos plans de marisqueo

Arquivo (Europa Press/Adrián Irago) Arquivo (Europa Press/Adrián Irago)
G24.gal 23/03/2026 11:22 Última actualización 23/03/2026 15:35

O Consello da Xunta aprobou este luns un investimento de 23 millóns de euros para recuperar e rexenerar bancos marisqueiros afectados polas temporais do pasado inverno que elevaron a mortandade das especies.

Segundo explicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a maior partida será de 19,2 millóns que se destinará a convenios de colaboración coas confrarías e entidades xestoras dos distintos plans de marisqueo.

Avisa de que agora comeza unha "lenta" recuperación de traballo continuo durante meses despois dun período de choivas "excepcionais".

Amais 1,5 millóns destinaranse á repoboación e outros 2 millóns a reforzar proxectos dedicados a "restaurar a diversidade mariña".

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, especificou que a firma destes convenios supoñerá a posibilidade de "remunerar os traballos" de recuperación ás persoas mariscadoras que os realicen, ademais doutros gastos das confrarías, e será unha remuneración "con carácter retroactivo" desde o día no que se suspendeu a actividade extractiva.

Para iso os pósitos ou as entidades titulares deberán presentar un proxecto de rexeneración específico para a recuperación dos bancos e a firma dos convenios ten que ir precedida da solicitude de suspensión da actividade extractiva.

Villaverde expuxo que a sucesión de borrascas, con ata 1.000 litros por metro cadrado, afectou "gravemente" ao marisco. Puxo de exemplo que estas especies necesitan entre 30 e 35 gramos de salinidade por litro de auga, pero explicou que houbo "varios días por baixo de 5 gramos por litro" e mesmo nalgún momento "chegou a cero".

Xunto a isto, a conselleira do Mar tamén apuntou a unha prórroga dos plans de xestión marisqueira ata 2029. Igualmente, reclama ao Goberno central unha modificación da normativa estatal para mellorar a protección dos mariscadores e unha exención de cotas da Seguridade Social a profesionais afectados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade