Publicador de contidos
Publicador de contidos

A nave de reciclaxe que ardeu en Lugo non tiña licenza de actividade

A nave de reciclaxe que ardeu en Lugo non tiña licenza de actividade

G24.gal 19/04/2024 15:50 Última actualización 19/04/2024 16:34

A nave de reciclaxe da parroquia de Mazoi, alugada pola empresa Contemar, que resultou completamente calcinada este martes como consecuencia dun voraz incendio, non contaba con licenza de actividade para as súas instalacións. Así o confirmou o concello de Lugo.

O lume, declarado ás 14:30 horas do martes na nave industrial de almacenamento de residuos situada no lugar de Cacabelos, quedou controlado rapidamente grazas á rápida intervención dos servizos de emerxencia.

A empresa sospeita que o incendio foi provocado. A investigación para determinar  efectivamente foi intencionado ou accidental atópase actualmente en mans do xulgado, logo de que a Policía Científica non achase "indicios de delito".

Pero é a situación legal do local industrial o que xera agora controversia.

O Goberno local asegura que o Concello "non tiña constancia" de que existise actividade na nave sinistrada nin de que se cursou "ningunha solicitude de licenza de actividade" na área de Mazoi, un permiso obrigatorio para que en calquera local, nave ou oficina poida exercer unha actividade comercial, industrial ou de servizos.

Tamén descartaron desde o Goberno local que o Concello teña relación algunha con Contemar na xestión dos residuos da cidade. Esa función faina de maneira exclusiva EcoLugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade