Un incendio calcina dúas naves dunha empresa de reciclaxe de Lugo
Por sorte, non hai que lamentar feridos
O incendio afectou as instalacións dunha empresa de reciclaxe situada no lugar de Cacabelos, na parroquia de Mazoi.
Todo ocorreu tan rápido que nin sequera os traballadores, que se atopaban nas naves dianteiras, se decataron do que ocorría na parte traseira do recinto.
Dúas naves en desuso, das catro que ten unha empresa de reciclaxe de Mazoi, en Lugo, ardían con rapidez.
Un veciño deu a voz de alarma e foi o primeiro en loitar contra as lapas antes da chegada dos bombeiros, evitando que chegasen ás árbores e a unha liña de alta tensión.
O lume provocou unha intensa fumareda negra visible a varios quilómetros.
A Policía Científica investiga xa as causas do sinistro.
Na empresa afectada teñen sospeitas de que o lume puido ser intencionado. As naves sinistradas levaban anos abandonadas e conservaban xa tan só a estrutura, polo que era doado acceder a elas.
