Publicador de contidos
Publicador de contidos

A natureza da vía de auga e as boas condicións do mar evitaron pór en risco vidas no naufraxio do Piedras

A natureza da vía de auga e as boas condicións do mar evitaron pór en risco vidas no naufraxio do Piedras

Aínda se están a investigar as causas da orixe desa vía de auga que afectou o barco no Gran Sol

G24.gal 02/06/2022 14:29

O buque pesqueiro Piedras afundiuse despois de pasar varias horas a flote ao descubrirse unha vía de auga no barco. Falamos cun experto para coñecer as posibles causas do naufraxio e cales foron os factores determinantes que puideron evitar unha traxedia. 

"Pode producirse por problemas mecánicos, avarías mecánicas como por exemplo en válvulas ou condutos que atravesan a envolvente, o casco estanco do buque, ou poden producirse tamén por varadas ou colisións con obxectos flotantes", explica Marcos Míguez González doutor Enxeñería Naval e profesor da Escola Politécnica de Enxeñería Naval da Universidade da Coruña. 

Aínda se están a investigar as causas da orixe desa vía de auga que afectou o barco no Gran Sol. "Hai equipamento eléctrico, hai motores que co contacto da auga poden deixar de funcionar ou provocar incendios como podería ser o caso do Piedras", indica Míguez González. "Se a situación dunha avaría xa é bastante perigos de por si, a presencia dun incendio o único que fai é empeorar as cousas", engade. 

Neste caso, tanto o patrón como o xefe de máquinas do Piedras intentaron salvar o barco, mentres que outros nove membros eran rescatados. Ao final a situación complicouse e nada puideron facer para evitar o naufraxio e tamén abandonaron o barco. "Parece que o procedemento é tal cal o que se seguiu" indica Marcos Míguez.

"A vía de auga era pequena como para que as condicións do barco non mudaran drasticamente en moi pouco tempo e isto fixo que a evacuación se fixera dunha maneira controlada, e ademais as condicións meteorolóxicas fixeron que o buque non se movese demasiado". Un conxunto de factores que foron determinantes para evitar pór en risco vidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade