Publicador de contidos

Publicador de contidos

A nai de Gabriel Cruz reclama no Senado a creación dun pacto de Estado contra a violencia

A nai de Gabriel Cruz reclama no Senado a creación dun pacto de Estado contra a violencia

Demanda que os dereitos dos condenados non prevalezan sobre os das vítimas

Anuncia querelas contra Ana Julia Quezada e contra as irregularidades de institucións penitenciarias

A plataforma audiovisual que ía realizar o documental sobre o crime amosou intención de paralizalo

G24.gal 11/06/2024 14:43

O aviso de que Ana Julia Quezada ía gravar un documental sobre o crime de Gabriel Cruz puxo en alerta a Patricia Ramírez, que trasladou os feitos á Secretaría de Estado de Seguridade.

"Intentouse gravar un documental de forma espuria, utilizando unhas comunicacións que non son as adecuadas e con ánimo de lucro. Todo isto acompañado de que se valeu de móbiles e a axuda de funcionarios para conseguilo", explicou Patricia Ramírez.

A falta de respostas e axuda levouna a mobilizarse e comparecer no Senado, onde clama para que prevalezan os dereitos das vítimas e se leve a cabo un pacto de Estado contra a violencia.

"Que dentro de prisión un preso condenado por delitos violentos de especial gravidade non poida realizar un documental, nin unha serie televisiva, nin un libro. Hai que ensinarlles ás novas xeracións a consumir sucesos de forma responsable, o consumo da violencia non pode ser morbo e espectáculo", manifestou Patricia Ramírez.

Anunciou querelas contra a asasina do seu fillo e tamén contra Institucións Penitenciarias e manifestou tamén que a plataforma que ía realizar o documental amosou a súa vontade de paralizalo. Despediuse dicindo que non quere aparecer máis publicamente e pide apoio e respecto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade