Publicador de contidos

Publicador de contidos

O nivel de deterioración da N-550 faise evidente nos concellos de Ordes e Oroso

O nivel de deterioración da N-550 faise evidente nos concellos de Ordes e Oroso

A choiva e os vehículos pesados provocan a desintegración do asfalto usado para tapar as fochancas
 

Fochancas insalvables na N-550 ao seu paso por Oroso
G24.gal 09/02/2026 14:23

É unha nacional, unha estrada que soporta unha gran densidade de tráfico, pero polo seu estado de conservación non o parece.

 "Non parece unha nacional, efectivamente, creo que deberían botar un pouquiño de man disto", admite un veciño de Ordes.

"Nós levamos máis de ano e medio reclamándolle á Delegación do Goberno e ao ministerio que ten necesidade dunha reparación urxente. A estrada N-550 ao seu paso por Oroso está nunhas condicións malísimas, é certo que o tramo urbano arranxouse o ano pasado, pero o que é Oroso, Deixebre e Transmonte pois presenta unha deficiencia máis que evidente", explica Álex Doval, alcalde de Oroso.

Tamén o alcalde de Ordes se sumou a esta petición, e a resposta foi a mesma.

 "A resposta é que se fará cando haxa orzamento", apunta o alcalde.

Mentres, a Nacional 550 pide a gritos unha reparación integral. Con 180 quilómetros de percorrido é a que vertebra o Eixo Atlántico. Hai tramos en que a seguridade se ve comprometida polas dimensións das fochancas.

 "Estráganse os coches, a suspensión dos coches, todo".

"Treme a casa cando pasan os camións grandes".

"Todo para Finsa, camións pesados, e iso teñen isto feito un desastre", contan varios veciños de Oroso.

"Logo os condutores o que intentan é esquivar esas fochancas, entón o que se arriban é a área de servizo e ás casas, e a verdade é que se están desprendendo cachos de asfalto importantes, non estamos dunha fochanca convencional senón de buratos auténticos", continúa o alcalde de Oroso.

 "Que nola veñan a arranxar, por favor, que estamos perdidos con moito medo, con moito medo", solicita unha veciña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade