Publicador de contidos

Publicador de contidos

A música volve encher as rúas de Ferrol da man das rondallas na Noite das Pepitas

A música volve encher as rúas de Ferrol da man das rondallas na Noite das Pepitas

A tradición da Noite das Pepitas remóntase a máis dun século de historia

G24.gal 18/03/2024 21:56 Última actualización 18/03/2024 22:10

O Teatro Jofre acolleu a homenaxe a madriñas e padriños das once rondallas participantes este ano. Tamén se fixo entrega das distincións de músicos e rondallistas de honra pola súa contribución á música tradicional ferrolá. 

A tradición da Noite das Pepitas remóntase a máis dun século de historia. Letras e músicas homenaxean a muller ferrolá e, por extensión, tamén a propia cidade de Ferrol, representada na figura da madriña e nos últimos anos tamén do padriño, tras a incorporación das rondallas femininas. 

Declarada de Interese Turístico de Galicia, a festa das Pepitas cada vez esperta maior interese entre quen visita a cidade.

O Festival de rondallas, na praza de Armas, pon o peche ao programa de actos, pero a festa non remata aquí. De novo as rondallas volverán ás rúas coa súas músicas e os seus cánticos, así que, a festa prolongarase aínda varias horas na noite das Pepitas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade