Publicador de contidos

Publicador de contidos

A mostra 'Walk This Way' trae á Coruña século e medio de calzado

A mostra 'Walk This Way' trae á Coruña século e medio de calzado

Son cen pares de zapatos antigos dunha colección que nunca fora presentada fóra dos Estados Unidos

Pódese ver na Fundación Barrié, na Coruña, ata o sete de xaneiro 

 

G24.gal 14/10/2023 15:30 Última actualización 13/10/2023 19:30

Están e estiveron sempre tan metidos no noso día a día, que os zapatos poden "volver do pasado e contar historias case infinitas". Tal é o espírito da exposición Walk This Way: A colección privada de calzado histórico de Stuart Weitzman.

A mostra percorre século e medio en cen pares de zapatos, dende unhas zapatillas que pertenceron á raíña Vitoria a uns zapatos que foron de Ginger Rogers. E non se limita a amosarnos a evolución dos deseños, tamén nos leva da man por sinalados momentos da historia, da liberación da muller. Permítenos ver como ía cambiando o calzado segundo ían cambiando os tempos.

A colección nunca fora presentada fóra dos Estados Unidos. Permanecerá na Coruña, na Fundación Barrié, ata xaneiro de 2024.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade