Publicador de contidos

Publicador de contidos

O exceso de auga doce ameaza o inicio da campaña marisqueira en Noia

O exceso de auga doce ameaza o inicio da campaña marisqueira en Noia

As mostraxes feitas esta semana pola confraría confirman a morte do 80% do berberecho na ría

G24.gal 07/02/2026 17:43 Última actualización 07/02/2026 18:05

As choivas intensas das últimas semanas están poñendo en risco os recursos do sector marisqueiro. En Noia, a mortaldade do berberecho polo exceso de auga doce ameaza o inicio da campaña, prevista para primeiros de marzo.

Na ría de Noia, as mostraxes feitas esta semana pola confraría confirmaron os peores agoiros: nas zonas de marisqueo a pé o 80% desta especie está morto.

As zonas máis afectas son los bancos do Concheiro e dos Lagos de Boa. Entre os profesionais do sector a preocupación é moi grande. A ameixa está resistindo mellor, cunha mortaldade de entre o 10 e o 20% dependendo das zonas.

O exceso de auga doce pola chuvias constantes das últimas semanas fai que a salinidade das augas nalgunha zonas de marisqueo sexa cero. A situación é semellante á vivida hai tres anos, cando morreu tamén o 80% do berberecho.

Na confraría de Noia temen que a situación poida ir aínda a peor, xa que quedan máis borrascas e días de choiva por diante. Malia esta situación, a confraría  mantén a previsión de comezar a nova campaña marisqueira o 2 de marzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade