Publicador de contidos
Publicador de contidos

A ministra voceira reivindica o "nunca máis" na homenaxe á marea branca

A ministra voceira reivindica o "nunca máis" na homenaxe á marea branca

Isabel Rodríguez afirma que 20 anos despois do afundimento a ecoloxía é unha política de Estado

Dúas placas, un mural e unha exposición fotográfica lembran o voluntariado en Camariñas

Isabel Rodríguez na casa da Pedra de Camariñas
G24.gal 13/11/2022 14:37 Última actualización 13/11/2022 15:17

Marea branca 2002-2022. É a homenaxe do concello de Camariñas aos centos de voluntarios e voluntarias que hai vinte anos traballaron durante días na limpeza do litoral e conviviron cos veciños dunha das localidades consideradas como a zona cero do do maior desastre ambiental do país.

Ata Camariñas, á casa da Pedra, que foi o fogar do voluntariado, desprazouse a ministra de Política Territorial e voceira do Goberno Isabel Rodríguez, acompañada por representantes de todas as institucións autonómicas, provinciais e locais. 

Dúas placas e unha exposición fotográfica lembran os traballos de limpeza que levaron a cabo. Na súa intervención, dixo que a catástrofe do Prestige deixou moitas leccións, que a marea branca foi a primeira gran manifestación por motivos ecoloxistas e que agora, 20 anos despois, a loita contra o cambio climático é unha política de Estado.

Rodríguez reivindicou a cultura do "nunca máis".

"Hoxe estamos mellor que hai 20 anos no que se refire a conciencia social e ambiental e política e tamén temos máis medios e mais experiencia (...). Para que isto non volva suceder, lembranza, nunca máis".

Pouco antes mulleres de Camariñas ou Camelle, como Jacky ou Digna, lembraban como viviron o afundimento do Prestige e a chegada de autocares con voluntarios vestidos de branco que viñan de toda España e doutros países para axudar a limpar o chapapote.

"Vemos chegar tres autocares con xente vestida de branco que viñan de todas partes sen saber onde viñan. Deus... ese día vouno lembrar toda a miña vida", asegura Jacky.

A xornada finalizou cunha visita ao mural instalado na lonxa vella.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos