Publicador de contidos
Publicador de contidos

A metade dos accidentes forestais afecta a particulares

A metade dos accidentes forestais afecta a particulares

A maioría dos sinistros están relacionados co manexo das motoserras e a caída de árbores

Os expertos aconsellan formación, prudencia e equipamentos seguros 

G24.gal 11/06/2024 14:27

Cada ano morren en Galicia unha media de 20 persoas en accidentes forestais, a metade deles particulares sen a formación, a destreza ou o equipo necesarios para que o traballo sexa seguro.

"Hai que usar unha motoserra con todos os elementos de seguridade, que teña freo de cadea, un perno captor de cadea, bloqueo de aceleracións involuntarias e que estea sempre moi ben limada", explica Vicente Manso, experto en prevención de riscos no sector forestal.

A motoserra ten que estar en perfecto estado, e quen a manexa debe levar, como mínimo, un pantalón anticorte por se hai rebote.

"Simplemente o pantalón xa evitaría moitísimos accidentes, porque pode desviarse a motoserra cara as pernas", engade Manso. 

Ao facer a corta cómpre estudar cara onde vai a caída natural da árbore, facer os cortes pertinentes e afastarse en dirección contraria.

"Hai que facer primeiro o corte para dirixir a caída do tronco, despois o corte horizontal de tala e, ao terminar, poñemos o freo e nos desprazamos en diagonal a unha distancia de tres metros. Agardamos a caída nesa distancia para evitar que o traballador poida quedar atrapado", di Vicente Manso.

Nunca se deben facer estes traballos en solitario, cómpre revisar que o móbil teña cobertura, e, o consello máis básico e fundamental: non corten árbores se descoñecen o procedemento, porque poden pagalo coa vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade