A mellor ovella galega é de Nogueira de Ramuín e chámase Manteiga
A explotación Finca A Tellada gañou, por segundo ano consecutivo, o primeiro premio no concurso de razas autóctonas de Silleda
Ten cinco anos. Naceu e criouse nos montes de Armariz e foi elixida como o mellor exemplar de ovella de raza galega.
Segundo o seu dono, David González, o xurado destacou a súa la e seu topete.
É a segunda vez que acode ao concurso morfolóxico da Semana Verde de Silleda pero o ano pasado o premio foi para outra compañeira de rabaño.
David, que apostou hai máis dunha década por esta raza en perigo de extinción, considera que o máis importante do premio é que sirva para dar a coñecer as características da ovella galega, mellor adaptada ao clima e á orografía do noso territorio, máis resistente ás enfermidades e con menos complicacións nos partos.