A mellor hamburguesa de Galicia compite por ser a mellor de España
Mestura ingredientes da cociña americana cos tradicionais galegos
Elaboran o seu propio pan de pataca doce e o prebe
As hamburguesas son cada vez un prato máis sofisticado, complexo e cotizado. A proba témola neste establecemento de Ourense, onde eles mesmos elaboran o pan e o prebe e seleccionan rigorosamente cada un dos ingredientes. Por iso gañaron o ano pasado o premio a mellor hamburguesa galega e agardan repetir.
Van competir con 300 establecementos de toda España nun certame que terá a súa final na Coruña. Din que a innovación continua é o segredo do éxito e que hai que elaborar cada hamburguesa co mesmo esmero como se fora para o xurado do concurso.
O que está claro é que a mestura de sabores tan diferentes convence os clientes. Un prato contundente pero con moitos matices.
Estes hostaleiros consideran que as hamburguesas van seguir aumentando o seu nivel de complexidade na elaboración.