Publicador de contidos
Publicador de contidos

O uso da máscara só será obrigatorio nos servizos de urxencia a partir do martes

O uso da máscara só será obrigatorio nos servizos de urxencia a partir do martes

García Comesaña asegurou que ten "total disposición a falar" co persoal de urxencias que convocou concentracións

G24.gal 28/01/2024 12:26 Última actualización 28/01/2024 14:36

A obriga de usar a máscara nos centros sanitarios quedará este martes limitada aos servizos de urxencias en Galicia, informou este domingo o conselleiro de Sanidade, Xulio García Comesaña.

Nun acto en Nigrán, explicou que o Diario Oficial de Galicia publicará este luns unha instrución que se fará efectiva o martes de xeito que a obriga de usar máscara en centros sanitarios, imposta pola gripe deste Nadal, vai limitarse a determinadas áreas.

En concreto, só será obrigatoria nos servizos de urxencias, nos puntos de atención continuada e espazos onde haxa pacientes inmunodeprimidos, como xa era antes.

García Comesaña asegurou que o pico da gripe produciuse en Galicia a última semana do ano pasado e destacou a porcentaxe de vacinación, a "mellor" do conxunto do Estado.

Na tempada de gripe houbo 3.071 ingresos en Galicia, dos que 161 acabaron na UCI, segundo os datos do Sergas.

Concentracións en urxencias

Referiuse tamén aos servizos de urxencias que este luns teñen concentracións do persoal en toda Galicia. O conselleiro citou as persoas responsables deses servizos para unha reunión e asegurou que ten "total disposición a falar" sobre estas áreas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade