En Nova Jersey morreu a marmota Milltown Mel, pero Phil viu a súa sombra en Pensilvania
Era a encargada de prognosticar a fin do inverno en Nova Jersey, onde suspenderon a cerimonia
En Pensilvania a célebre marmota Phil predixo que haberá seis semanas máis de inverno
2 de febreiro, día da Candeloria. E tamén é o famoso Día da Marmota nos Estados Unidos, pero no estado de Nova Jersey suspenderon a tradicional predición do tempo porque faleceu a marmota Milltown Mel poucas horas antes da cerimonia. Xa lle están a buscar substituta.
A que si cumpriu o seu cometido en Pensilvania é a máis célebre das marmotas, Phil, que ao saír da súa gorida viu a súa sombra, o que significa que haberá seis semanas máis de inverno. Nesta vila celebran o rito dende 1887.
No século V, os celtas crían que os animais tiñan certos poderes sobrenaturais entre o equinoccio de inverno e o solsticio de primavera, 40 días despois do Nadal e 40 días antes da Pascua.