As dúbidas sobre a luz obrigatoria de emerxencia V16 asaltan os condutores
O 61 % dos galegos descoñece os detalles desta nova normativa que entrará en vigor en xaneiro
Seis de cada dez condutores galegos descoñecen a nova normativa de emerxencia que entrará en vigor o un de xaneiro.
Efectivamente os triángulos serán substituídos por unha luz de emerxencia obrigatoria, a V16, que se colocará no teito do vehículo. Un dispositivo que debe ter a certificación 3.0 da DXT.
Son moitas as marcas que venden esta baliza de xeolocalización. En caso de dúbida, xa que ten que estar homologada, un código QR axuda a obter máis información. Por iso é moi importante preguntar as dúbidas antes de mercalas.
Son esas diferenzas as que marcan a oscilacións de prezos, aínda que todas rozan os 50 euros. Poden mercarse en gasolineiras e mesmo en grandes superficies.
Non utilizar esta sinalización luminosa en caso de accidente ou avaría suporá sancións aos condutores. De momento, e a tres meses da súa posta en funcionamento, só un 5 % dos galegos conta xa con este dispositivo.