Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta reforzará o servizo do 012 para atender dúbidas sobre as axudas polo lume

A Xunta reforzará o servizo do 012 para atender dúbidas sobre as axudas polo lume

O Conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, nunha visita ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia agradeceulle ao persoal o traballo realizado na coordinación de recursos na loita contra os incendios forestais

 

O Conselleiro de Presidencia, Diego Calvo no Centro Integrado de Emerxencias de Galicia na Estrada
G24.gal 24/08/2025 16:34

A Xunta reforzará o seu servizo de atención e información á cidadanía, dispoñible no teléfono 012, para responder as dúbidas sobre as axudas que se van a poñer en marcha para reparar os danos causados polos incendios forestais.

Aumentarase o persoal que atende o 012 e prevese incrementar o horario deste servizo, para atender as consultas sobre a liña de axudas que a Xunta aprobará o vindeiro venres nun Consello extraordinario realizado en Ourense.

Así o explicou este domingo o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, durante unha visita ao Centro Integrado de Atención a Emerxencias (CIAE) 112 Galicia na Estrada, para agradecerlle ao seu persoal o traballo na loita contra os incendios.

O Goberno autonómico aínda está a cuantificar os danos para habilitar axudas, que poderán estenderse, entre outros, a explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras; titulares dos TECOR (terreos cinexéticamente ordenados); establecementos industriais, turísticos ou deportivos; infraestruturas e vivendas, ademais de axudar con aloxamento provisional para os afectados.

Tamén se prevén axudas ás entidades locais para que poidan facerlled fronte aos gastos derivados das actuacións realizadas como consecuencia dos incendios e os danos causados nos bens de titularidade municipal.

Calvo agradeceulle ao persoal de 112 Galicia o seu labor durante a crise provocada polos incendios, ao atender chamadas relacionadas cos lumes pero tamén con outras urxencias.

O número de incidencias desde xullo a agosto superou as 2.000, detallou o conselleiro, que explicou que durante a ponte de agosto rexistrouse unha media diaria de 40 persoas atendendo chamadas, cun pico de máis de medio centenar o 15 de agosto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade