Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump saúda a Sánchez con normalidade e bromea sobre o gasto de España en Defensaresidente estadounidense pedise expulsar a España da OTAN

Trump saúda a Sánchez con normalidade e bromea sobre o gasto de España en Defensaresidente estadounidense pedise expulsar a España da OTAN

Ambos líderes manteñen un ton distendido a pesar das discrepancias sobre o investimento en armamento

G24.gal 13/10/2025 18:11 Última actualización 13/10/2025 20:29

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o seu homólogo estadounidense, Donald Trump, coincidiron este luns no cumio pola paz en Gaza que se celebra en Sharm el Sheij (Exipto) e saúdanse con normalidade, só uns días despois de que o mandatario estadounidense propuxese expulsar España da OTAN por non investir o suficiente en defensa.

A pesar de que o encontro se desenvolve en territorio exipcio, Trump exerce como coanfitrión e principal impulsor do plan de paz para Gaza. O presidente foi recibindo un a un os líderes internacionais convidados á cerimonia, mentres que o seu anfitrión, Abdelfatah al Sisi, xa os acollera pola mañá.

Trump chegou con preto de catro horas de atraso respecto ao horario previsto, despois de prolongar a súa visita previa a Israel, onde interveu ante o Parlamento. Cando Sánchez se dirixiu cara ao escenario, o presidente estadounidense agardouno cun sorriso e ambos estreitaron as mans. Trump deu un leve tirón e acompañouno cunha palmada amistosa, mentres posaban para as cámaras.

Primeiro encontro desde o regreso de Trump á Casa Branca

O encontro prodúcese unha semana despois de que Trump propuxese expulsar España da OTAN por non comprometerse cun gasto en defensa do 5 % do PIB no último cumio da Alianza, quedando só nun 2 %.

Este é o primeiro saúdo entre ambos desde que Trump regresou á Casa Branca en xaneiro. Coincidiran no cumio da OTAN da Haia en xullo, pero daquela non houbo contacto directo.

Sánchez tamén asistiu ao discurso de Trump ante a Asemblea Xeral da ONU, pero non á cea ofrecida aos líderes internacionais, xa que nesta ocasión o xefe da delegación española foi o rei Felipe VI.

Trump bromea con Sánchez sobre o gasto en Defensa 

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, fixo unha broma sobre as discrepancias co Goberno español polo gasto en defensa durante o seu discurso final.

Trump preguntoulle ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, se “xa está traballando niso”.

No medio dunha longa intervención, na que felicitou un por un os líderes asistentes polo seu papel para achegar a paz en Oriente Medio, Trump referiuse a España en ton distendido e amistoso, tras as súas recentes declaracións nas que propuxera expulsar o país da OTAN pola falta de compromiso no investimento en defensa.

Sánchez atopábase xusto detrás de Trump no estrado, onde tamén estaban outros xefes de Estado e de Goberno, como a italiana Giorgia Meloni, o británico Keir Starmer ou o canadense Mark Carney, que escoitaron con certa impaciencia o extenso discurso do mandatario estadounidense, cheo de bromas e eloxios a distintos dirixentes.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade