Publicador de contidos

Publicador de contidos

A lonxa de Cangas bate marcas de venda con máis de catro millóns de euros

A lonxa de Cangas bate marcas de venda con máis de catro millóns de euros

Só un millón de euros foron de navalla

G24.gal 20/01/2022 14:14

A Confraría de Cangas bateu en 2021 marcas de venda con preto de 4.200.000 euros de facturación. De non ser polo incremento da covid e a anunciada folga do transporte, os datos aínda serían mellores.

Só en navalla vendeuse máis dun millón de euros, e o percebe chegou a pagarse este nadal a 252 euros o quilo.

Desde a confraría salientan tamén o esforzo que están a facer en mellorar a comercialización e evitar na medida do posible os intermediarios, ademais de coidar todo o proceso do produto desde o mar ata o consumidor final.

Esta confraría tamén fai un constante esforzo innovador sendo unha das que apostan por novos produtos como o carallote de mar, as algas ou as anémones.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos