Publicador de contidos
Publicador de contidos

A loita polo ascenso recrúa para o Rácing, o Deportivo e o Celta B

A loita polo ascenso recrúa para o Rácing, o Deportivo e o Celta B

O Rácing recibe mañá o Badaxoz (17 h, G2 e G24)

O Deportivo visita Linares ao mediodía (12 h)

O Celta B viaxa a Alxeciras (12 h)

G24.gal 13/05/2023 14:56

O Rácing volverá mañá á Malata. Despois da maratón de partidos da semana pasada, Cristóbal dispuxo xa de varios días de preparación, co equipo ademais recuperado da gastroenterite que afectara a doce xogadores antes de medirse ao Unionistas. Mañá recibirán o Badaxoz, exhibindo xa a máxima ambición. Así o resume Cristóbal: "A polo ascenso directo".

A afección ferrolá despediu con festa ao equipo tras o último partido na Malata. Mañá a ilusión hase retomar nesas bancadas.

O Deportivo xogaba esta semana coa imaxe de superheroes enmascarados de Lucas e Quiles, operados de fracturas faciais. O de Monelos non conseguiu chegar para o partido de mañá, e son así dúas baixas notables no equipo ás que se uniu esta mesma mañá a de Diego Villares.

Unha escordadura de nocello deixouno fóra da expedición en que si entrou Antoñito, recuperado in extremis.

Con todos eses condicionantes viaxan a Andalucía ao campo dun Linares que loita pola fase de ascenso.

O Deportivo, chega a catro puntos do líder, con 9 en xogo. "Pero o futbol está cheo de sorpresas...", aventura Óscar Cano.

A pola vitoria viaxa tamén eles para manter o Celta B en postos de fase de ascenso. Para seguir gozando deste reto case inesperado.

Logo de tres xornadas puntuando, e a última vitoria na casa o equipo vigués chega en boa dinámica á recta final. Mañá a mediodía medirase ao Alxeciras, un rival que deixa fuxir moitos puntos do novo Mirador.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos