Publicador de contidos

Publicador de contidos

A limpeza das pintadas na praza de Santa María, en Lugo, á espera da autorización de Patrimonio

A limpeza das pintadas na praza de Santa María, en Lugo, á espera da autorización de Patrimonio

Foron retiradas outras pintadas feitas durante a fin de semana en muros de sete rúas

G24.gal 04/11/2021 15:04

As pintadas na praza de Santa María, en Lugo, en plena contorna da catedral, aínda non foron eliminadas. O Concello está á espera da autorización de Patrimonio para proceder á súa limpeza.

Si que foron retiradas outras pintadas feitas durante a fin de semana en muros de sete rúas do centro da cidade. Dende o consistorio piden colaboración cidadá para o coidado do patrimonio público, e instan a denunciar o vandalismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade