Publicador de contidos

Publicador de contidos

A internacional belga Ine Joris, segundo reforzo do Baxi Ferrol

A internacional belga Ine Joris, segundo reforzo do Baxi Ferrol

Joris afirmou que está "moi contenta" de incorporarse ao Baxi Ferrol e sinalou que ten "moitas ganas de coñecer" as súas novas compañeiras

G24.gal 19/05/2025 17:35 Última actualización 19/05/2025 17:44

O Baxi Ferrol anunciou este luns a fichaxe da internacional belga Ine Joris, procedente do Osés Construción Ardoi navarro, como segundo reforzo para a próxima tempada.

Joris, de 1,88 metros e que xoga como pivote, naceu en 2001 e abrirá en Ferrol o seu segundo curso en España tras incorporarse ao Ardoi o ano pasado. Únese a un cadro en que tamén se estreará Karla Erjavec, do Spar Gran Canaria, e na que continuarán Branca Millán, Moira Joiner e Gala Mestres, que será a súa nova capitá tras a marcha de Àngela Mataix.

Nun vídeo difundido polo club naval en redes sociais, Joris afirmou que está "moi contenta" de incorporarse ao Baxi Ferrol e sinalou que ten "moitas ganas de coñecer" as súas novas compañeiras e de completar "unha tempada incrible"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade