Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Intelixencia Artificial centra o Mobile World Congress 2026

A Intelixencia Artificial centra o Mobile World Congress 2026

As grandes tecnolóxicas reprocháronlle á Unión Europa a súa inacción mentres perden terreo fronte aos Estados Unidos e A China

G24.gal 03/03/2026 08:07

As primeiras horas da nova edición da Mobile confirmaron o tema dominante este ano: a Intelixencia Artificial. Houbo debates sobre a súa regulación e demostracións prácticas. Como un colgante deseñado para traducir en tempo real ou lentes que sacan fotos e as soben a aplicacións. 

Cos robots collendo cada vez máis protagonismo, tamén se presentaron novas pantallas 3D, outras que resisten o impacto dunha pelota de baloncesto, portátiles especiais para xogos ou novos teléfonos.

Os directivos das grandes tecnolóxicas reclamaron cambios na lei europea para permitir fusións e poder competir cos Estados Unidos e A China.

Unha gran presenza institucional reforzou a importancia do encontro para a economía, pero tamén para a política. E o rei puido comprobar de primeira man as tendencia tecnolóxicas que marcarán o futuro. Barcelona consolídase como sede deste evento, que fai 20 anos na cidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade