Publicador de contidos

Publicador de contidos

A inflación tamén será a protagonista das vacacións. Segundo os expertos, serán as máis caras das nosas vidas

A inflación tamén será a protagonista das vacacións. Segundo os expertos, serán as máis caras das nosas vidas

Gastaremos máis ca nunca en comer, beber, viaxar e durmir

Os hoteis son un 15 % máis caros que o verán pasado

G24.gal 05/07/2022 14:56

Desprazarse en coche era unha das formas máis económicas para movernos pola xeografía española, pero co prezo do combustible en récord histórico xa é cousa do pasado. Os que empregan o vehículo para viaxar durante as súas vacacións sábeno ben. 

Á hora de elixir onde hospedarnos tamén notaramos a suba dos prezos. Os alugueiros están máis caros e nos hoteis pagamos un 15 % máis que o verán anterior. Malia a suba dos prezos as expectativas no sector son boas. 

Estamos no verán máis caro da nosa vida, pero parece que isto non frea as ganas de viaxar e desconectar uns días.

Gastaremos máis en comer e beber. Os restaurantes fan fronte aos custos enerxéticos e de materias primas cun axuste dos prezos que notaremos directamente nos nosos petos cando paguemos a conta. 

Moitos tratan de esquivar a inflación buscando alternativas máis económicas para pasar o seu tempo de descanso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade