Publicador de contidos

Publicador de contidos

A inflación fai que os consumidores reduzan o gasto en roupa e calzado

A inflación fai que os consumidores reduzan o gasto en roupa e calzado

Os gastos recórtanse naquilo que consideran menos necesario

G24.gal 14/09/2022 14:50

Miramos e probamos, pero cada vez pensámolo máis á hora de mercar. Clara Rodríguez, rexenta unha tenda de calzado en Ourense e di que "non é coma antes que me gusta e o compro. Non, agora a xente pénsao moi máis. Busca a utilidade e, por suposto, o prezo. A xente pensa que vai ser un outono moi duro e iso contén o consumo. Conteno moito".

A incerteza do que pode pasar e a continua mingua de poder adquisitivo polo aumento de prezos da enerxía ou dos alimentos leva os consumidores a recortar gastos naquilo que consideran menos necesario.

"Cambiar armario e comprar roupa imposible. Non chega, pagas alugueiro, auga e luz e xa no das"; "É imposible, porque telo que quitar de comer"; "É verdade que subiu todo moito, pero en vez de comprar un pouco máis compras un pouco menos", comentan algúns consumidores.

Mercamos menos e priorizamos a compra de prendas esenciais. "Se antes mercabas dous zapatos para combinar, agora mercas un e xa está, que che valla para todo o inverno", subliña unha nai.
Angélica Rodríguez, xerente dunha tenda de roupa: "Agora mercan un abrigo e deixan o vestido para máis adiante, cando antes viñan e mercaban vestido, abrigo e zapatos".

Segundo un estudo do comparador de prezos Idealo, o 37 por cento dos españois non mercar roupa nova esta tempada e o 35 aforrará en calzado. Consecuencias dunha inflación que está a mudar os hábitos de consumo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade