Publicador de contidos

Publicador de contidos

A inflación erosionou os ingresos dos españois nun 4,1 %

A inflación erosionou os ingresos dos españois nun 4,1 %

España foi o segundo país da OCDE máis afectado, despois de Austria

A media de caída nos paises desenvolvidos foi do 1,1%

Antón Montero 04/08/2022 18:18

Os ingresos das familias españolas minguaron un 4,1 % nos primeiros 3 meses do ano, segundo un estudo da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento. Non é que baixaran os soldos, é que os prezos subiron moito máis: o noso país é o segundo onde este efecto foi máis negativo.

Dos 34 países que forman a OCDE, só nos supera Austria, onde os petos enfraqueceron un cinco e medio por cento.

A inflación impactou en todos os estados desenvolvidos, pero non do mesmo xeito: de feito, a erosión en España multiplica a padecida por franceses e alemáns, e multiplica por catro a da media dos países membros da organización, que viron recortados os ingresos en pouco máis do 1 %.

Dáse o paradoxo de que esta mingua de ingresos coincidiu cun crecemento do produto interior bruto per capita do 0,2 %. O informe refírese ao primeiro trimestre, co que só recolle en parte o impacto da guerra de Ucraína.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade