Publicador de contidos

Publicador de contidos

A inflación entra nas alforxas de resistencia dos fogares, por Venancio Salcines

OPINIÓN

A inflación entra nas alforxas de resistencia dos fogares, por Venancio Salcines

G24.gal 12/01/2023 08:06

Termina o ano e empezamos a ter unha visión máis rigorosa do comportamento financeiro das empresas e dos fogares. A primeira observación é claramente positiva, as empresas e as familias, nunha mirada conxunta, non están asumindo, en termos absolutos, un maior endebedamento, e se a comparanza a facemos co PIB, entón podemos dicir que se reduce.

No ano 2019 supoñía o 129,3 % do PIB, hoxe é do 128, 6% do PIB, agora ben, hai un ano acadaba o 142,5 %. É dicir, o impacto da inflación non está a provocar un maior endebedamento relativo. Se facemos unha ollada polas débedas das empresas podemos observar que non soamente non subiron, senón que baixaron en 5.000 millóns de euros. En setembro do 2021 era de 971,6 miles de millóns e neste setembro é de 966,7 miles de millóns. As familias polo contrario incrementaron o seu endebedamento en 4.000 millóns, pasando neste setembro a ser 707,5 miles de millóns.

Polo tanto, unha análise separada mostra un comportamento diferente, as empresas xestionaron o ano reducindo o seu endebedamento, mentres que as familias fixeron practicamente o contrario. As primeiras redúceno en 5.000 millóns e as segundas increméntano en 4.000 millóns. Dúas tendencias que debemos seguir con detalle porque estamos a falar de datos de setembro: a inflación nos meses seguintes moderouse naquilo que tiña que ver coa enerxía pero non fixo o mesmo co resto dos produtos, polo tanto esta tendencia é unha alerta que cómpre ter en conta.

A alerta acada máis importancia cando constatamos que os activos financeiros das familias se reduciron en 54.000 millóns de euros. É dicir, menos aforro e máis débeda, unha dinámica que dende logo soamente pode xerar preocupación e que se algo mostra é que a inflación empeza xa a beber dar alforxas de resistencia das familias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade