Publicador de contidos

Publicador de contidos

A industria do aceite descarta o desabastecemento

A industria do aceite descarta o desabastecemento

O stock actual roza as 250.000 toneladas, que chegarán para un período de tres meses, é dicir, ata o remate esta campaña

Apuntan tamén que os prezos non deberían subir máis, ao estar equilibrada a oferta e a demanda

G24.gal 08/09/2023 14:14

A campaña coa produción de aceite máis baixa dos últimos trinta anos puxo en risco o abastecemento do aceite de oliva. A tres meses para comezar as vendas da seguinte colleita, o sector lanza unha mensaxe de tranquilidade. 

O stock para os próximos tres meses roza as 250.000 toneladas, moito máis do que se pensaba en principio debido a unha importante caída das vendas.

É a consecuencia da forte suba dos prezos, no primeiro semestre incrementáronse nun 40 por cento e un 85 desde hai un ano. 

A industria tamén chama á calma respecto aos prezos para os próximos meses. 

Se nos comparamos co resto de países europeos, en España o prezo do aceite de oliva virxe extra é respecto a Portugal un 27 % máis caro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos