Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ilusión do aguinaldo de Nadal

A ilusión do aguinaldo de Nadal

Cada vez menos traballadores reciben da súa empresa estes lotes de produtos para celebrar o Nadal

Están de moda as cestas montadas con produto selecto de orixe galega
G24.gal 04/12/2025 14:47

En moitas casas é un momento moi agardado, cando chega o aguinaldo da empresa.

"Pois unha ilusión moi grande, sobre todo para os máis pequenos"; "Dábannos unha cestiña, depende de como fora, un ano máis grande, outro ano máis pequena, pero regalábannos algo sempre"; "Sempre é algo bonito, ademais polo Nadal ten ese detalle";"Eu teño unha incapacidade, agora non estou traballando, pero sigo recibindo a cesta de Nadal", contan na rúa.

Tamén o relata unha traballadora de Inditex que comparte a súa ilusión a través das redes sociais seguramente moi consciente de que non todos teñen a sorte dela, a de recibir un aguinaldo así.

Porque esta tradición xa non é o que era.

"Pois algunha vez, pero eran cousas pequenas, a verdade sen moita importancia. Un décimo de lotería ou algo similar, pero non as cestas que se facían antano, agora xa non".

"Nós non agasallamos as cestas de Nadal, pero regalámoslles un décimo de lotería e un vale para comprar roupa, e despois a cea de empresa", comenta unha empresaria.

Aínda que xa non é unha práctica xeneralizada, quedan empresarios que rascan o peto para agasallar os seus traballadores coas tradicionais cestas ou outros formatos máis personalizados. 

"Sobre catrocentos, trescentos e pico, catrocentos. Si, porque se vas a un par de botellas, un par de tal, o produto é selecto, e si. A últimas que estamos facendo, trescentos e pico", explica Fina Naveira, dependenta dun establecemento de alimentación.

Fina conta que é difícil montar cestas moito máis baratas, porque os empresarios piden cada vez produtos máis selectos, deses que os seus traballadores non consomen no seu día a día. Con todo, as cestas seguen a levar o de case sempre. E o máis de moda é o produto galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade