Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Illa de Arousa celebra a súa popular Festa do Mexillón, con máis de 1.500 quilos vendidos

A Illa de Arousa celebra a súa popular Festa do Mexillón, con máis de 1.500 quilos vendidos

A festa celebra xa a súa XXXII edición e este ano está organizada polo Club de Piragüismo da Illa de Arousa

Elaboran o produto seguindo 6 receitas diferentes, cun prezo que oscila entre os 4,50 e os 7 euros

G24.gal 03/08/2025 15:14

Ao carón do mar e con sabor a mar. A Illa de Arousa réndelle homenaxe esta primeira fin de semana de agosto a un dos seus produtos estrela e celebra a XXXII edición da súa popular Festa do Mexillón.

"É a festa máis antiga porque na Illa vive a maioría xente do mar e, basicamente, do mexillón e do marisqueo. Entón, o mexillón é o produto estrela", conta Arturo Paz, director técnico do Club de Piragüismo da Illa de Arousa.

Este tipo de festas gastronómicas son moi importantes para os clubs deportivos da Illa, pois basean nelas a maior parte do seu presuposto da temporada. Este ano a do mexillón está organizada polo Club de Piragüismo.

"Un 70 % do presuposto do noso club depende dos ingresos que imos sacando destas festas gastronómicas", asegura Arturo Paz.

As persoas que se achegaron ata o Porto do Xufre puideron degustar este produto, elaborado seguindo 6 receitas diferentes: paella, croquetas, empanada, ao vapor, en escabeche e mexillóns tigre.

O produto estrela é tamén o máis tradicional: o mexillón ao vapor. Non obstante, a xente adoita probar un pouco de cada receita e xa van máis de 1.500 quilos deste molusco vendidos. Todo isto a prezos populares, que oscilan entre os 4,50 e os 7 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade